ADVERTENCIA IMPORTANTE

Érbedo” é un grupo sendeirista non federado formado por amig@s que se xuntan libre e conscientemente para realizar rutas a pé. Polo tanto, ao non contar cun seguro colectivo, cada persoa que participa debe facerse responsábel da súa seguridade e de calquera contratempo ou accidente que poida acontecer. Por isto, recoméndase: 1.-Acudir ás rutas co equipamento adecuado. 2.-Contar cun seguro individual que cubra calquera continxencia non desexada.

22/10/17

RUTA DO MAQUINO LARGAÑO

SÁBADO 4 DE NOVEMBRO DE 2017

VER A RUTA EN WIKILOC

ANÓTATE AQUÍ


Organizamos para o sábado 4 de novembro unha fermosa andaina pola Ribeira Sacra ourensá, na confluencia do Sil e O Miño.  Partiremos de Luíntra, concello que xunto co de Nogueira de Ramuín son o berce dos míticos afiadores.  O barallete é a xerga que os afiadores crearon e pasearon polo mundo e nesta fala denomínase a ruta que nos espera para esa xornada: Maquino Largaño (camiño longo). O camiño ten de longo 18,8 Kms nos que poderemos gozar de paraxes nas que os camiños transitan entre soutos, reboleiras e caxigueiras, outeiros rochosos de espléndidas panorámicas sobre o Canón do Sil e outros que amosan a monumental presenza do mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil.
Puntos de interese:
-Canón do Sil
-Mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil
-Necrópole da Moura
-Penedos do Castro.
VER A RUTA NA PÁXINA DE ROTEIROS GALEGOS
VER VÍDEO


Saída: Estación de autobuses de Lalín
Hora: 8:15
Punto de encontro: Bar O Campanario. Praza Principal (Luíntra). Hora 9:30
Percorrido da ruta: 18,8 Kms.
Dificultade: media-media.
Cea: nun restaurante próximo a Ourense (falaremos en primeiro lugar co Restaurante O Colmenar de Cachamuíña).

22/09/17

DESFILADEIRO DO BUSTELÍN (IBIAS-ASTURIAS)

SÁBADO 7 DE OUTUBRO DE 2017
VER RUTA EN WIKILOC
ANÓTATE AQUÍ
Queremos comezar o curso sendeirista cunha ruta onde as montañas marquen o atractivo. Para iso escollemos esta de Riodeporcos - desfiladeiro do Bustelín, no concello asturiano de Ibias, territorio lindeiro coa Fonsagrada (Lugo). Esperamos que suscite o voso interese.



VER RUTA NO BLOG DE XISTRAS
VER RUTA NO BLOG DE ACIVRO
VER RUTA EN DENDECAGUELU
Percorrido: 16,76 Kms.
Dificultade: Media-alta.
Saída de Lalín: 7:30 h.
Lugar: Estación de Autobuses

Punto de encontro: Restaurante O Piñeiral, 3,9 Kms antes da Fonsagrada. Hora: 9:30 horas.
CEA: Ás 20:30 horas cearemos en Castroverde, no Recuncho de Pepe e María (aldea de Cobelas). Menú: Entrantes variados servidos no centro da mesa, tenreira estofada con gornición, postre, bebida, café e chupitos. Prezo: 17 €

18/08/17

RUTA NAS ILLAS CÍES

DOMINGO, 10 - SETEMBRO - 2017
Cursamos invitación dun grupo de amigos de Vigo que organizan unha ruta nas illas Cíes e ofrécennos un total de 14 ou 15 prazas (as que quedan para completar a pasaxe do barco que eles fletaron) se nos damos présa. QUEDA UNHA SOA PRAZA (19-8-17)
A saída é do porto de Vigo ás 11:00 horas dese día e o retorno sae das Cíes ás 19:30 horas.
O prezo da pasaxe é de 10 €.
Cómpre dar aos organizadores o nome e apelidos e DNI de cada participante. (enviar DNI a Manuel Busto vía WatsApp).
As reservas seguirán a orde de anotación no blog.

Saída de Lalín (Estación de autobuses) ás 9:00 h.
Punto de encontro: porto de Vigo (indicarase o peirao).
Dificultade da ruta: Fácil (non superior a 10 kms.)
Posibilidade de baño na praia.
Non programamos cea no remate da xornada.

13/07/17

RUTA PIORNEDO - SUÁRBOL - PICO CUÍÑA - PENA LONGA - PIORNEDO (ANCARES 2017)

SÁBADO 5  - AGOSTO - 2017
VER RUTA EN WIKILOC
ANÓTATE AQUÍ

Piornedo (Lugo) co Cuíña nevado ao fondo.
Suárbol (León)
Perfil do Pico Cuíña, o teito de Os Ancares.
Fauna chamativa de Ancares.
Pico Pena Longa
Saída: Estación Autobuses de Lalín: 7:20 horas
Punto de encontro: restaurante Fonte da Saúde (Becerreá). 9:00 horas
Percorrido: 15 Kms.
Dificultade - Media-alta / Alta
Cea no restaurante do malecón de Navia de Suarna.

27/06/17

RUTA DAS INSUAS DO MIÑO - OUTEIRO DE REI

SÁBADO 8 DE XULLO DE 2017
VER RUTA EN WIKILOC
ANÓTATE AQUÍ
Obsérvese o perfil da ruta. É certamente enganoso, parece que houbese algunhas montañas. Agora se se miran a cota máxima e a mínima, compréndese a facilidade do percorrido: cota máxima 412 metros - cota mínima 373 metros. Pendente media 2%, incriblemente baixa. É que estamos na Terra Chá.
Ofrecemos hoxe a posibilidade de realizar unha ruta atractiva, diferente, refrescante e suave a carón do río Miño, desde a área recreativa de Santa Isabel (Outeiro de Rei) ata a ponte de Ombreiro. Ida e volta por ambas marxes do Miño. Ao longo de 17,85 kms. de suave pendente percorreremos as ribeiras e insuas do Miño, espazo que conta coa distinción de Reserva da Biosfera. Bosques de galería, muíños, caneiros, a desembocadura do Ladra, pontes colgantes, insuas frondosas, o zoolóxico de Marcelle, a Casa Museo do poeta Manuel María e as míticas Penas de Rodas. 
Puntos de interese da ruta:
Ruta literaria do poeta da Terra Chá, Manuel María.
INSUAS DO MIÑO (Vídeo)
PONTE COLGANTE E INSUA DE SEIVANE (Vídeo)
CAMPO DE SANTA ISABEL (Vídeo)
Como as ondas do Miño, o río maior,
así, miña amiga, é o meu amor
lonxe de ti.

Como as ondas do Miño, o río caudal,
así, miña amiga, meu amor é leal
lonxe de ti.

Como as ondas do Miño, de paso de boi,
así o meu amor, que veu e non se foi
lonxe de ti.

Como as ondas do Miño, o río  belido,
así, miña amiga, así vou ferido
lonxe de ti.                                                                       Manuel María

ERMIDA DE SANTA ISABEL
A Santa Isabel, miña amiga, irei.
A Santa Isabel de Outeiro de Rei.
Está meu camiño
xunto ao río Miño.

Como un caravel de certo color
a Santa Isabel irá o meu amor
Está meu camiño
xunto ao río Miño.

As verbas de dor voltaranse mel
na alta alegría de Santa Isabel.
Está meu camiño
xunto ao río Miño.                                                  Manuel María

MUÍÑO DE SANTA ISABEL (Vídeo)
O muíño que está ao pé do Miño,
enorme como un monte, seguro
e lento como o tempo, garda
un segredo nunca revelado:
non son os seus rodicios
os que fan cantar á auga escura
e prisioneira do caneiro.
A canción da auga é quen
move aos rodicios e lles dá
un prodixioso ritmo máxico:
medida e número do mundo,
harmonía e cómputo dos astros.                                    Manuel María

CANEIRO DO PIAGO

CASA MUSEO DE MANUEL MARÍA (Vídeo)

PENAS DE RODAS (Vídeo)

Saída da estación de autobuses de Lalín: 8:00 h.
Punto de encontro: Outeiro de Rei, restaurante Soborvila, N-VI (ao lado da residencia de anciáns). 9:00 - 9:15 horas
Dificultade: Fácil
Percorrido: 17,85 Kms.
O xantar farémolo en Ombreiro, onde hai un restaurante e un bar.
Cea en Lugo: 21:00, O Petisco, Rúa Nova,3. (1º: setas con gambas ou luras. 2º: grellada de carne con ensalada; postre, pan, bebida, café e licor: 18€)

10/05/17

RUTA RÍO LOIO E SAN FACUNDO (PARADELA)

SÁBADO 3 DE XUÑO DE 2017
VER RUTA EN WIKILOC
ANÓTATE AQUÍ
PUNTOS DE INTERESE:
Antigo priorado de San Facundo e ribeiras do Miño. VÍDEO VÍDEO2
Cemiterio orixinal con lápidas integramente en galego.
Gótico na ábsida.
Pinturais murais.
Bosque caducifolio autóctono.

 Fervenzas
 Corredoiras antigas.
Varios muíños no seu percurso e ruínas do mosteiro templario de Loio.
Hora de saída: 8:00
Lugar: Estación autobuses de Lalín
Punto de encontro: Portomarín. Restaurante O Mirador. 9:00 horas 

Cea: Mesón do Loio, preto de Portomarín (informaremos do menú e do prezo)
Xantaremos en Paradela e haberá servizo de bar, incluso bocatas, etc.

01/04/17

RUTA SERRA DA PENEDA - GAVIEIRA

SÁBADO 29 DE ABRIL 2017
Ruta no veciño Portugal. Parte do santuario da Nosa Senhora da Peneda, cruza a fervenza, a barragem  e a serra da Peneda e chega a aldeia de Gavieira. Desde alí retorna cruzando a serra por un acceso máis ao sur. Ademais do santuario e da fervenza, os atractivos da ruta residen fundamentalmente nas formacións graníticas da serra da Peneda  e a propia vila e castelo de Melgaço.
Saída: Estación de autobuses de Lalín
Hora: 7:45
Percorrido da Ruta: 14,1 Kms.
Dificultade: media-alta
Punto de encontro: Pastelaría Transmontana. Largo de Hermenegildo Solheiro (Praza do Concello). Melgaço, ás 9:00
Cabe a posibilidade de baño reparador nas termas de Melgaço.
Cea no restaurante A Vila. Arbo. Menú: empanada, croquetas, xamón, churrasco mixto con patacas e ensalada, postre, café e bebida. Prezo: 15 €








06/03/17

RUTA POLA DEVESA DA ROGUEIRA (O COUREL), NA PROCURA DA NEVE

SÁBADO 11 DE MARZO DE 2017
VER RUTA EN WIKILOC
ANÓTATE AQUÍ
Estas imaxes da Rogueira e do Formigueiros nevados son do sábado 4 de marzo. A ver que nos queda unha semana despois...

As imaxes son do Facebook de Guillermo Díaz Aira







Saída: Estación de autobuses de Lalín
Hora: 7:45
Percorrido: 14 Kms.
Dificultade: Media-alta.
Punto de encontro: Café Portón, enfrente do Concello. Quiroga. Rúa Real,43. Hora 9:15
Haberá cea, aínda imos mirar onde e como.